Hoxe publicaron na Voz un artigo que lles enviei. Si tedes tempo pasade por él.
Barreiras arquitectónicas
domingo, 9 de mayo de 2010
martes, 4 de mayo de 2010
VIVIR DO CONTO

Algo falla cando un pais que supera o 20% de paro e está nunha profunda crisis non é capaz de sacar a rua nada máis que a unhas cuantas miles de persoas nas manifestacións do Primeiro de Maio. E o que falla son precisamente eles, os que convocan as manifestacións, os sindicatos. Nun pais no que aos póliticos lles importa máis un voto que arrimar o ombreiro para remar na mesma dirección e donde o que está ben visto é o ladrón e o mangante e donde os cientificos e cerebros teñen que marchar a outro pais. Non é raro que cada vez existan máis Borbóns polas rúas, persoas que aspiran a vivir subvencionadas toda a vida. Nunha televisión chea de basura donde cada vez hai máis famosetes, non é de extrañar que os gustos dos chavales cambien. Cando eu era pequeno todos queriamos ser futbolistas porque cobraban por non traballar, pero agora os rapaces de hoxe queren ser "Grandes Hermanos porque ainda por encima de non traballar e cobrar, tamén se poden emborrachar e vivir do conto e de lanzar rumores nos programas de TV.
martes, 13 de abril de 2010
VAMPIROS, BANQUEIROS

O goberno español que tanto presume de estar ao lado dos traballadores, está a punto de volver a meternola doblada. Primeiro dalle barra libre aos bancos concedendolle crédito ilimitado a condición de que estos concedan créditos. Os bancos usan eses cartos para sanear as suas contas e o goberno cala. Cada día pagamos maiores comisións, e o goberno cala. Agora sae o Gobernador do Banco de España decindo que o paro masivo é un gran risco para os bancos xa que a xente non pode facer fronte aos seus créditos.
Claro que todo depende da lente coa que se mire a cousa. ¿Non pode ser que sexan os bancos os que teñen boa culpa de este paro masivo? Está claro que non son os únicos culpables pero si que teñen unha parte de culpa.
A solución do Gobernador do Banco de España é a mesma que a da patronal; abaratar o despido. Seica 45 días por ano traballado son moitos días. O graciosos é que un estudo de CC.OO. cifra en pouco máis de 19 días a indeminización media por despido, e eso quen ten sorte de cobrala. Asique que non veñan decindo que ese é o gran problema do mercado laboral.
Xa o decía Baron rojo fai moitos anos na sua cación:
viernes, 12 de marzo de 2010
FERO VENTO DE CABO DE VILÁN

Facía moito moito tempo que non pasaba por aquí, non sei canto pasará ata que volva, quen sabe, pode que un día ou unha semana ou un mes ou quizás máis. A veces a vagancia non me permite escribir e outras é o non ter nada importante que dicir.
Gustaría de ter esa verborrea e facilidade de escribir que outros teñen, aínda que eu a diferencia de moitos gustaríame dicir algo que non sexan simples e baleiras palabras. Non me gusta nada que me falen pola televisión da crise xente que non a padece nin a sinte. Non me gusta que os que tiveron boa culpa de ela sigan a gañar millóns. Non me gusta que me falen de plans de pensións uns políticos que xa a teñen eles asegurada. Non me gusta que me falen e me traten de asasino por defender o aborto, moitos de aqueles que ben seguro defenden a pena de morte. Non me gusta que lle poñan a culpa aos emigrantes de traballar pola metade de prezo cando a quen había que colgar polas pelotas é aos empresarios que os contratan e a administración que os permite. Non me gustan moitas cousas e ogalla que o fero vento de Faro Vilán acaba por levalas todas.
domingo, 17 de mayo de 2009
O GALEGO ESTÁ VIVO

Impresionante a cantidade de xente que nos reunimos hoxe en Santiago a prol da lingua galega, e para que non se desande o camiño andado pola nosa lingua.
Gustariame destacar que eran milleiros e milleiros de xentes vidos de todos os recunchos de Galiza a pesar da incesante choiva que caeu pero que non nos fixo claudicar na nosa marcha polas rúas de Compostela de xeito civilizado e pacifico.
Tamén quero destacar que sigue habendo xente que confunde as manifestacións. Hoxe era o día de manifestarse por e para a lingua. Hoxe o meu entender non era o día de proclamas independentistas, xa que esto o único que fan e que certa xente que si defende o galego, se sinta incomoda no medio de eses gritos, xa que supoño que aparte de moitos nacionalistas, tamén habería algún socialista na manifestación ou xentes apolíticas. Cada cousa é para o que é. O 17 de Maio é o día das Letras; deixemos outras loitas e outras proclamas para o 25 de Xullo.
lunes, 11 de mayo de 2009
VOLTANDO PARA ATRAS

En tempos de crisis como estos, o único que podemos facer para olvidala un pouco, é ter un pouquiño de tempo para o humor. Eu o que fago de vez en cando para rir un pouco é por na famosa TDT o canal "intereconomia", pois teñen unha forma moi divertida de contar as novas. Ao seu lado Jimenez Losantos é un santo. Según eles Zapatero é o culpable case que das sete plagas de Exipto, e os nacionalistas os culpables do restos dos males dos cales non sexa responsable Zapatero. Para que vos deades unha idea, contovos como xustificaban non informativo de onte que en África non se debería de usar condón. Basabanse en tres puntos:
- O exceso de calor da maioría do continente podería estropear os preservativos.
- Ao ser un continente con unha taxa de analfabetismo moi grande, non entenden as instrucións polo cal non saben colocalo ben.
Si estos dous puntos parecen sacados do club da comedia, agarradevos que ben o mellor. A terceira razón é que ao vivir maioritariamente en zonas rurais e debido ao tipo de traballo que fan, as mans dos homes poden rachar co condón debido a sua aspereza. ¡Ufff! menos mal que eu uso guantes para traballar.
Por outra banda este domingo toca ir a Santiago en defensa da lingua para non perder o pouco que avanzamos, porque eu son dos que creo para que Galiza avance ten que avanzar o galego, que ser galego é algo máis que vivir aquí.
jueves, 16 de abril de 2009
¿QUÉN GAÑA CA CRISIS?

Quén tén a culpa de esta crisis é a pregunta que se fai todo o mundo i tamén eu. Mais eu tamén me fago todos os días outra pregunta máis. ¿Quén quita beneficio de esta crisis? Porque a min que non me digan que aquí non hai ningún beneficiado. A día de hoxe os bancos teñen o grifo cerrado e non disque non dan un can, pero no último mes as contas de BBVA e Santander asi como hoxe Banesto, parece ser que teñen uns beneficios de "ajarrate e non te menees".
A tola sobreprodución de anos pasados e o "cu vexo, cu quero" esta a pasarnos unha gran factura.
¿Alguén ve a luz ao final do túnel?
-Non, ti non Zapatero, que ti xa sabemos que si a ves.
martes, 7 de abril de 2009
UNA BÁGOA
martes, 17 de marzo de 2009
PEQUENO CEENSE

Despois de tres anos nos que a nosa primeira liña de praia empezou a estar un pouco protexida, chegou o día nos que os vampiros volveron a carga e si o día 1 Feijoo gañaba as eleccións o día dous xa estaban os promotores pedindo poder construir. O que non sei é a quen llo pensan vender porque hai unha autentica cantidade de pisos sin vender.
Volveronse a poñer sobre a mesa vellos proxectos que foran guardados fai tres anos e que ameazan con cargarse o pouquiño que xa medianamente belo queda no concello de Cee. O pequeno ceense quere convertir no artícife do resucitar de Labaro permitindolle destruir o paraxe de Caneliñas (dende onde está tirada a foto) e todo co beneplácito dos seus socios do PSOE, que nada poden dicir porque agora que a tortilla volteu na xunta xa nada impide pactar ao pequeno ceense co PP dos seus amores.
Entre esto e que Pescanova volve a carga coa macropiscifactoría de Touriñan, so nos queda loitar, loitar e loitar; porque grazas a inmensidade de paletos monocastelanligüistas que abundan en Galiza volveronselle a dar motivos aos de sempre para caer nos mesmos errores de toda a vida e seguir destruindo Galiza producindo so pan para hoxe pero hipotecando o futuro dos nosos fillos
martes, 10 de marzo de 2009
UN PASO ATRAS PARA COLLER IMPULSO

Intenteino pero non fun capaz, quisen manterme calado pero non puden i é que ver como estou rodeado de tanta xente que di sentirse ameazada polo galego e superior a min. Tanto nos convenceron de que os españois estaban ameazados, de que as galescolas non eran o futuro para os nosos fillos que a xente empezou a creer que o bipartito PSdG-BNG eran unha bomba de reloxería. Eu teño o recordo de cando era cativo e Beiras estaba ao fronte do BNG, para min o bloque eran uns separatistas e case que terroristas da man de HB. Co tempo e con moito esforzo e recapacitando pois acabei votando polo BNG e agora si que me gustaría un BNG como aquel de Beiras, independentista e sin complexos. (O de ir da man de HB mellor que non). E nembargantes agora que temos un BNG light a xente empeñouse en que son un perigo.
Creo que o problema do BNG non está maiormente no BNG senon en certos xornais e medios de comunicación como a Coz de Galicia que se dedicaron a malmeter e a enredar a verdade, e non houbo un lider serio que dese un golpe de autoridade na mesa. O problema foi que se enfocaron mal moitas políticas, fixeronnos creer que se quería impoñer algo, i eso nunca o debemos facer. Hai que vencer convencendo.
E xa que os pepeteros e os Rosadiezdianos están moi preocupados porque non queren que a administración lles atenda en galego; nos deberemos de pedir que nos atendan en galego en todolos sitios.
Olvidavaseme unha cousa, espero que os de Galiza non se Vende, non se vendan agora e señan os primeiros en protestar si finalmente deciden retomar o proxecto, como xa se está a comentar, da macropiscifactoría de Cabo Touriñán.
Tamén decir que si hai algún concesionario tipo citroen que queira que lle faga publicidade do seu coche a cambio de un modelo C6 de fabricación francesa, eu a fago sin problema.
O 1 de marzo foi un paso atras, un paso que espero que sirva para coller impulso.
viernes, 12 de septiembre de 2008
ROSA DIEZ; ESA GRANDE Y LIBRE

Pois si, Galiza está en perigo si nas próximas elección autonómicas o BNG consigue manterse no poder. Catro oscuros anos máis nos que si non un non fala galego e non pensa en galego será mal visto polo sociedade, catro anos máis sonando gaitas por todolos rincons. E para que esto non suceda chega directamente dende o estado español a salvadora da patria común e indivisible, a vixiante de esa “grande e libre;” a mismisima Rosa Diez. Unha Rosa Diez que chega para que o BNG non se faga co poder, para ser visagra. Unha visagra a que lle vai facer falta un moito de graxa para abrir algunha porta, porque ese é o seu prógrama politico consiste en que o BNG non goberne e que Galiza non sexa Galiza. Non nos chegaba co PP gobernado dende e para Madrid, que agora aparece Rosa Diez. Atreveriame a pensar que ben da man de eses de Galicia biligüe. Mire vostede señora Diez, nos queremos politicas pensadas para Galiza, queremos ter AVE dunha puñetera vez, queremos xestionar os nosos recursos e que non nos capen o noso progreso, e vostede o que nos ofrece é conseguir que non goberne o bloque e traer politicas caducas e de enfrentamento como as que usan por España. Pois co meu voto non conte.
Ao que si que pode que vote e a o Obama, ainda que non sei ben se se presenta polo BNG ou por Esquerda Galega. Ups, si este se presenta na USA, e que nos poñen tanto as eleccións americanas pola tv que sei máis da vida de Obama que do mismisimo Touriño. E é que parecemos unha puta colonia de ultramar dos Estados Unidos, ou eso e o que pretenden as canles de tv.
(Fotografia: Contraluz na Torre de Hercules)
domingo, 7 de septiembre de 2008
¿CAL É O BILINGÜISMO DE GALICIA BILINGÜE?

Este era o post que tiña pensado subir o luns pasado antes de verme obrigado a escribir a anterior entrada
Despois de un tempo sin pasar por aquí, un tempo no que deixei o mundo dos blogs un pouco de lado para tomar un respiro e un novo impulso. Volvo agora con non sei si con forza ou non pero aquí estamos de novo.
Pois si que cambiaron as cousas nestes dous meses e pico que levo sin escribir nada, pasamos dunha “desaceleración económica a unha crisis do copón” Algúns ou moitos pasaron do doce sono dos novos ricos ao pesadelo de anos atrás.
Convocaronse e desconvocaronse as eleccións ao Parlamento de Galiza. (Un dos culebróns do verán co permiso de Robinho). Unhas cousas foron a mellor e outras e peor. E entre esas que foron a mellor e pola que debemos de estar felices é que este verán houbo menos mortos nas estradas, algo parece que empeza a cambiar neste pais para ben, e ainda que foda decilo, eses de verde que andan polas estradas algo de culpa nestes bos datos deben de ter.
O que si non cambia é o odio visceral que sinten polo galego eses que fan chamarse “Galicia Bilingüe” que disque está o castelán en perigo porque obligan a dar as clases en galego. A estes pamplinas tan so decirlles que pensen ben o que din, que prendan o televisor e digan cantas canles hai en castelán e cantas en galego, o mesmo as radios e o mesmos os periodicos. Que o camiñar polas ruas conten as persoas que falan galego e cantas castelán, o mesmo poden facer cando vaian aos hospitales, tendas ou a calquer servizo. Que cando vaian sacar cartos a un caixeiro como os do Banco Pastor (mentira parece que este banco sexa galego) na opción de idiomas vexan si lles aparece “galego.”
Non gosto de ser radical, mais con este tipo de xente a veces o corpo pideo. Hai xente que non lle gusta levar un DNI que poña ciudadano español pero mentres a cousa non cambie si é que algún día o fai pois non nos queda máis que ser español por obligación, porque guste ou non isto é España, polo tanto si a estes señores non lles gusta que aos seus fillos o 50% das matérias sexan dadas en galego pois que vaian a León porque gustevos ou non esto é tan Galiza para vos coma para outros é España. Isto é unha democracia e nos guste ou non é o que hai. Unhas cousas gustarán máis e outras menos. Pero de aquí a decir que o castelán está en perigo vai un abismo abismal. Para mexar e non votar gota. E para rematar agora ven a Rosa Diez a dicirnos que vai ser a nosa salvadora. (mais esto é tema de outro post)
O que si que non é para mexar son os 2 millons e medio de parados que hai en España. A cousa está fodida.
martes, 2 de septiembre de 2008
A opinión A Coruña E OS SEUS PERIODISTAS CORTIPEGA

Hoxe despois de moito tempo iba a subir un novo post pero o final deberá de esperar uns días e ser o seguinte. Ao final hoxe o que vou facer é levar a práctica un consello que me dou un colega. Dito colega, mandoume un correo o outro día para contarme que no xornal de A opinion de A Coruña estaban a usar unha foto miña para acompañar unha nova. A nova e a foto en cuestión é esta que si observades e casi identica a que encabeza este post, tan soio un recorte inferior e listo.
Dirixinme a eles mediante un correo pedindo explicacións e nin me contestaron.
Este tipo de periodistas e un tipo que está moi de moda nos últimos tempos; tantos anos de carreira para despois dedicarse a sentarse diante dunha pantalla de ordenador, darlle ao google e cortar e pegar. Son os chamados "cortipega" un novo tipo de inútil que pulula pola sociedade. Un tipo de parásito que xa me gustaría a min telo diante, e darlle un pouquiño de "kill puff" matamoscas e mosquitos.
Pero é o que nos queda aos pobres; un pouquiño de ajo y agua.
O peor de todo isto é que xa me pasou outra vez que eu sepa, un tipo que mandou unha foto miña a un concurso dunha web dicindo que era sua. Coñezo a outros que unha axencia lle roubou unha foto dun horreo nas Rias Baixas para acompañar un artigo que falaba de outra comunidade autonoma, e ainda máis que vos podria contar.
viernes, 20 de junio de 2008
65 HORAS QUE AS TRABALLEN OS EUROPAPARRUCHOS

Xa fai case un mes que non subia nada por aquí, é posible que me pase como aos gobernantes españois que andan como desconectados, como si aquí non pasara nada. Menos mal que o luns empezaranse a ter que despertar pois o PP volvera outra vez a carga despois do seu congreso; e a dormidina que lle suministran a poboación en forma de selección española rematara o seu efecto despois da sua presumible defenestración o domingo a mans dos italianos. Esa Italia que as veces parece un pais tercer mundista con ese rei da tribú chamado Silvio que fai as leis ao seu antollo como a de prohibir as escoitas en certos casos de corrupción ou trata as mulleres como si de un harén propio se tratase.
Supoño que sera Silvio un dos que apoie eso de querernor facer traballar agora 65 horas a semana; hai que foderse. Eu poñome na piel de un de esos euromamonazos que viven ala polas Bruselas i entendo o seu punto de vista, i e que claro todos sabemos que estamos nunha crisis e non hai cartos para gastar en ocio e traballando 65 horas a semana pois xa non teremos a tentación de gastar máis que nada porque xa non nos quedara tempo nin para cumplir con... E digo eu que traballar 65 horas aumentara o paro. E por aquí o señor Candido Mendez mais a sua paralle sindicohumoristica nin se lles oe decir nada. Que país!!!!
(Foto feita no Campo da Rata na Coruña donde moitos foron fusilados por defender unhas liberdades que agora pouco a pouco estos politiquillos nos estan a roubar)
domingo, 25 de mayo de 2008

Disque as ratas soen ser as primeiras en abandoar os barcos cando van a pique; e parece que algunhas están empezando a abandoar o barco "popular", quizas para crear un partido novo ao estilo da liga norte italiana. Dende que estan a gresca entre eles parece que neste pais non pasa nada a pesar de que a cousa ben sabemos todos que está ben fodida. Fodida porque está atacandonos ao peto moi directamente, e os 400 euros do governo non creo que nos solucione nada. Eso para quen teña a sorte de tocarlle porque parece ser que non todos os vamos ver. Gustariame saber como vai ese tema. ¿Alguen pode contarnos algo? ou estades todos tan perdido como eu. Esto digo eu que ao final a de ser coma unha loteria.
Falando de outra cousa, esta finde pasada a asociacion de armadores de artes menores de Galiza organizaron en Corcubión unhas xornadas de limpeza na ría e sacaron do mar a releite de merda pero o máis sangrante do caso é que segundo contaba un dos voluntarios; as rodas enormes que estaban fondeadas no mar e que se poden apreciar na foto, proveñen do porto de Brens, enfrente de Corcubión (a sua funcion e defensa do porto para os barcos cando atracan) e parece ser que acaban no fondo do mar porque os señores de Portos de Galicia cando veñen cambialas pois en vez de recollelas elles máis facil picalas e que caian ao mar.
martes, 6 de mayo de 2008
OGALLA QUE QUEDE ÚLTIMO

Levo xa un tempo, como moitos de vos supoño, ata o carallo de Rodolfito e toda a parafernalia de Eurovisión. Pero cal foi a miña sorpresa hoxe, que lendo unha páxina entereime que os mismisimos SINIESTRO TOTAL acaban de facer unha versión do Chiki chiki e para máis inri acordaronse dos de Corcubión. "se baila en la China y tambien en Corcubión" Escoitada:
Como veciño de Corcubión que son, que quede claro que eu non bailo estas trangalladas. Cañita Brava ao lado de este é un xenio
Estos días tamen me chamou a atención unha cousa; como moitos de vos sabedes e os que non o sabedes contovolo eu, no hospital Juan Canalejo, os papeis que rechean os pacientes para elexir os menus veñen en galego, cousa bastante normal, ainda que exista xente que lle foda. Pois ben o curioso é que no hospital Virxen da Xunqueira en Cee, un hospital que da servizo a maior parte da costa da morte, en donde a gran maioría dos pacientes son galegofalantes, pois os menus están en castelan. Curioso non si?
Foto da plaza de María Pita e concello da Coruña
domingo, 27 de abril de 2008
ESES MARAVILLOSOS QUADS

Estes días non tiven moito tempo de recorrer os vosos blogs nin de visitar as fotos de compañeiros, nin tan sequera de navegar moito por internet. Onte cando encendin o ordenador e visitei unha das paxinas que visito asiduamente levei unha pequena alegría ao ver que esta seman recomendaban a vistia aos meus blogs.
Tampouco teño moito tempo para fotografar, ainda que agora que o meu pai xa está na casa, e que os días son algo máis longos espero ter un pouquiño de tempo para cazar imaxes.
Pero esta semán o que me trae por aquí é preguntarvos que pensades vos de os quads, eses vehiculos atronadores, que cando pasan polo lado de un reventanche os timpanos (sempre crein que eso era contaminacion acustica e que se debería multar) e que destrozan camiños forestais e todo o que atopan ao seu paso.
jueves, 17 de abril de 2008
A VER SI DENTRO DE UNS MESES

Hoxe tiña a esperanza de podervos contar que un compañeiro da vila convertiase no alcalde máis xoven de Galiza, pero ao final non puido ser. Como seguro que algúns sabedes, en Corcubión governaba dende as últimas eleccións o BNG co apoio da unica edil do PP, un pacto que parece contra natura, pero que si coñecerades aos seudosocialistas do cara o sol que forman a lista do PSOE en Corcubión, todos entenderiades.
O alcalde salido de este pacto era o historico nacionalista Rafael Mouzo, 25 anos alcalde de Corcubión e que dimitiu por enfermidade, asique tocaba elexir de novo alcalde, e ao principio todos pensamos que sería o numero dous da lista pero ao final ostias. Asique que con fonda tristura quedamonos sin o alcalde máis xoven de Galiza.
domingo, 6 de abril de 2008
DOUS ANOS SEN TI

Dous anos fai xa que a vida deixou de ser igual. Esa vida tranquila na que a maior tontería era a maior preocupación. Dous anos nos que un nubarrón cubríu o ceo que hai sobre as nosas cabezas.
Unha noite como a de hoxe, ela saliu coas suas compañeiras a disfrutar da noite universitaría coruñesa. Eu estaba algo enfadado con ela. Tonterías de irmáns.
As tres da madrugada unha chamada de telefono espertounos, unha amiga decianos que foramos ao Orzan a buscar a miña irmá que estaba algo mal, que debía de ser un ataque de alerxia. Marchamos, eu ía todo enoxado, por encima de andar de carallada pola noite, ainda teño que ir a buscala. A medio camiño outra chamada dime que vaia para o Xoan Canalexo que miña irmá ía para alí en ambulancia. Nese momente supen que algo realmente podido pasara. Nese momento unha estrela, a miña estrela apagarase, e unha nova estrela brillaba xa no firmamento.
Chegamos ao hospital antes que ambulancia, aos dez minutos chegou el ana ambulancia, baixarona e ían facendolle masaxes cardiacos. Nese momento asumin que ela non volvería. Os medicos non daban esperanzas, moito tempo en parada cardiaca e so as maquinas a conectaban a vida. Tocoume facer a chamada máis fodida da miña vida, a que ningun fillo querría facer. Decirlle aos meus pais que viñeran para Coruña, que a sua filla, o seu olliño dereito morrera. Morrera sin máis. Morrera de morte subita. Esa mesma que agora parece estar tan de moda.
Esa mesma noite fixen a única cousa da que realmente na miña vida estarei sempre orgullosa. Dixenlle os medicos que a miña irmá desexaría que a sua morte servira para regalar vida. Algo que deberían de ensinar nas escolas, a ser xenerosos. A donar vida. As horas de depois prefiro non recordalas. Bagoas, moitas bagoas.
Dezasete meses despois cando parecía que empezaba a deixar de chover, unha nova tormenta cae sobre nos.
martes, 25 de marzo de 2008
TORO, TORITO

Acabaronse xa as vacaccións i este ano por fin podemos consolarnos con que houbo moitas menos mortes nas estradas, a pesar de que cada día se ven máis cafradas no coche e que cada vez parece que aumentan os capullos ao volante.
Como moitos dos co pasades por aquí de vez en cando sabedes, teño ao meu pai no hospital na planta de lesionados medulares ingresado por unha caida que lle produciu unha tetraplexía, e onte o sr Touriño (ou Torito) veu pasear o seu palmito pola nova planta de medulares do Juan Canalejo para inaugurala, pero como xa non son días de recollida de votos, o señorito non deixou que os familiares dos pacientes que todolos días pasan o día no hospital estuveran alí. Vergoña deberialle de dar. Tería medo de que lle reclamaran algo.
Onte o sr Torito estaba tamen pasou por Carballo para decir que mañan adxudican o corredor Carballo Berdoias, e que espera que no futuro todo o vial hasta Fisterra seña autopista, o cal me recorda que no seu día o sr Fraga fixo cos cartos da Xunta unha autopista de Coruña a Carballo dicindo que ía ser gratuita, e agora temos que pagar máis de 2 euro por circular por esas curvas asasinas. ¿Teremos que pagar tamen pola futura autovia a Fisterra? Ou máis ben ¿Teran que pagar os nosos fillos por ela?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
